Xa está en liña Wikipumba

Wikipumba é un tesauro que recolle os principais factores do benestar emocional, a problemática asociada (causas, síntomas e dificultades), así como os recursos de apoio existentes, ofrecendo un auténtico mapa conceptual sobre o noso campo de acción e estudo.

Wikipumba é unha ferramenta colaborativa en construción permanente que pode resultar de grande utilidade ás persoas e colectivos que traballan no eido socio-emocional.

Agardamos que sexa do voso agrado.