Compostela, xoves 20 de nadal, ás 16:30 horas. O Xogo Filial: fortalecendo o vínculo afectivo coas nosas crianzas. Ofreceremos unha reflexión activa sobre a comunicación afectiva entre adultos e crianzas e sobre o significativo papel do xogo para a creación de vínculos.
Etiqueta: relación filial

Para que vén o Apalpador?
Se queremos mudar as nosas relacións, tomando o camiño da autenticidade, cómpre entendermos o significado das nosas propostas simbólicas.

Centradas na infancia: un grupo de encontro
Un obradoiro de acción e reflexión sobre o noso papel en relación coas crianzas. Unha proposta vivencial, lúdica e activa dirixida a nais, pais, educadores e persoas implicadas dun xeito ou doutro coa infancia.

Faladoiro sobre os celos infantís
Aloumiños de Leite, Lalín, 26 de novembro de 17 a 19 h. A chegada dun novo irmán O obxectivo deste faladoiro é ofrecer orientación e pautas ás familias para poder xestionar os celos infantís ante a chegada dun novo irmán ou irmá. Que son os celos infantís? Rivalidade entre irmáns. Como afrontar esta situación. Pautas […]
Obradoiro de xogo filial en Compostela
Compostela, sábado 13 de xuño, de 9 a 14 horas. Introdución ao xogo filial. Esta experiencia convídanos ás nais e pais a practicar un xeito diferente de relacionarnos coas nosas fillas e fillos, onde eles actúen como centro e guía. Unha ocasión para coñecer os principios básicos do xogo terapéutico e poder aplicalos na comunicación […]
Faladoiro en San Roque
Compostela, xoves 12 de marzo, ás 17 horas O Xogo Filial: fortalecendo o vínculo afectivo coas nosas crianzas A equipa da Escola Infantil San Roque, ao abeiro do seu programa de colaboración coas familias, bríndanos a oportunidade de realizarmos unha xuntanza aberta. Falaremos do que significa xogar e dos beneficios de establecermos un novo xeito […]