barquiño veleiro

Benvidas !

Comezamos co blogue! O propósito xeral deste blogue é divulgar os beneficios do xogo terapéutico para o benestar emocional das nenas e dos nenos. Neste terreo, Pumba! quere ser un lugar de encontro para o estudo, para a divulgación e para a acción. Agardamos que sexa do voso agrado. Centradas nas crianzas.

Ler máis

Faladoiro en San Roque

Compostela, xoves 12 de marzo, ás 17 horas O Xogo Filial: fortalecendo o vínculo afectivo coas nosas crianzas A equipa da Escola Infantil San Roque, ao abeiro do seu programa de colaboración coas familias, bríndanos a oportunidade de realizarmos unha xuntanza aberta. Falaremos do que significa xogar e dos beneficios de establecermos un novo xeito […]

Ler máis

Faladoiro en Gaia dos nenos

Compostela, sábado 7 de marzo, ás 18 horas A comunicación creativa entre adultos e crianzas: os contos contados. Gaia dos nenos convídanos ao seu espazo para falarmos sobre a Narración Oral. Nesta ocasión, achegarémonos ao significado do acto de narrar, explorando os elementos esenciais que o conforman. Falaremos sobre o valor da fantasía e a […]

Ler máis