O xogo da atención | Pumba!

O xogo da atención

Na actualidade estamos a experimentar coas ferramentas da psicoloxía transpersoal, un campo de aplicación innovador que vai á raíz dos problemas emocionais. Como alumnas do Master en Técnicas de Terapia Transpersonal, recibimos adestramento profesional para buscar solucións centradas en síntomas específicos a través do uso e aplicación de técnicas de psicoterapia transpersoal. O programa ofrece un mapa moi completo dos recursos dispoñibles, adecuado para cada tipo de problema e persoa. Esta formación compleméntase con outras técnicas convencionais para tratar outros aspectos como a biografía, reaccións á contorna, Gestalt, cognitivas, etc.

O Xogo da Atención

O xogo da atención é unha profunda revisión da historia emocional de cada quen, da nosa relación cos demais e coa sociedade e, finalmente, coa totalidade, a nosa idea da vida e a morte. Este tipo de traballo vivencial pretende chegar alén da nosa identidade cotiá, tratando de experimentar e integrar unha realidade moito maior da que nos ofrecen os eventos concretos da nosa “historia persoal”.

Ao longo da nosa existencia adquirimos padróns mentais, emocionais e de comportamento. Estes padróns veñen dos demais e tamén a partir das nosas propias percepcións e experiencias, ás veces incomprendidas. Cando entendemos que estes padróns son aprendidos e non son intrinsecamente nosos, podemos eliminalos pouquiño a pouco. Ao se esvaeceren estes veos, xorde a nosa verdadeira esencia, unha parte que sempre está conectada coa existencia.