Encontro de mulleres

Encontro de mulleres

Un tempo e un espazo para nós mesmas. Un lugar onde expresarnos e sentirnos medrar xunto a outras mulleres, percibindo o poder que xorde da confianza.

Un encontro para descubrirmos, expresarmos e compartirmos saberes e arelas, de xeito lúdico e creativo, a fin de desenvolver unhas relacións máis auténticas con nós mesmas e coa nosa contorna persoal e social.

Porque somos suxeitos activos do noso desenvolvemento persoal, conscientes do papel que xogamos no mundo social, laboral e familiar. Porque cremos na colaboración e nas relacións como factor fundamental para o cambio.

Con Lizgaira queremos favorecer o noso benestar emocional e físico, compartindo novas e vellas técnicas de autocoidado; reflexionarmos activamente sobre aspectos coma o espazo propio, as relacións interpersoais ou o amor propio. Para sentirnos ben, gozar e compartir nun ambiente autónomo e seguro, fomentando a creación de grupos de apoio ou círculos de mulleres.

Foto: equipa pumba! (CC BY-SA 4.0)

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save