Equipa pumba!

Somos


  • Unha equipa profesional de traballo multidisciplinar para o estudo e a difusión dos factores do benestar socio-emocional.
  • Persoas que promovemos unha maior consciencia sobre as nosas relacións afectivas, para construirmos xuntos o medio saudábel onde acadarmos a igualdade social.

 

Procuramos


  • Apoiar o benestar emocional das persoas desde a perspectiva da práctica social, facilitando un ambiente óptimo onde poder explorar libremente por medio do xogo, as artes e o movemento.
  • Ofrecer un acompañamento consciente que favoreza a integridade persoal e promova a integración social.
  • Experimentar con vellas e novas ferramentas de apoio integral que permitan mellorar as nosas relacións.
  • Fomentar a educación emocional das persoas adultas, particularmente de nais e pais, na súa relación coa infancia.
  • Estudar e divulgar información e documentación sobre temas relacionados co desenvolvemento social e emocional através do xogo, das artes e do pensamento.
  • Crear novos espazos de reflexión e acción para o desenvolvemento social e emocional de adultos e crianzas.

 

Realizamos


  • Facilitación e divulgación
  • Información e documentación
  • Programa de educación socio-emocional
  • Apoio terapéutico
  • Asesoramento

 

Comunidade


 

Foto Fátima

Fátima Bermejo Rubio

Coordinación

Terapeuta de xogo, actriz e contacontos profesional, con experiencia no deseño e realización de programas socioeducativos e culturais.

Traballou como profesora de teatro e xogo dramático en Madrid, Extremadura e Andalucía. En Córdoba creou a súa propia empresa, realizando actividades de sensibilización –igualdade de xénero, solidariedade, educación para a paz– e obradoiros específicos para grupos de mulleres. Licenciada en Socioloxía (UCM) e diplomada en iogaterapia.

No ámbito da terapia de xogo centra os seu intereses na integración do movemento consciente e na difusión do xogo filial.

Membro fundador de Play Therapy Spain e membro de Play Therapy International desde 2009

Acreditación


Cristina Mariño

Cristina Mariño

Colaboración

Actriz, directora de teatro e autora dramática.

Directora e profesora da Escola Municipal de Teatro de Vilalba (2009-2016). Dinamizadora en experiencias de creación colectiva e antropoloxía teatral con grupos infantís, xuvenís e de persoas adultas. Dirixiu espectáculos coas compañías teatrais ‘3DTrans’ e ‘Amargo Sueco’. Autora dramática, conta tamén con experiencia en textos teatrais infantís.

Fundadora da asociación cultural ‘Gaia’, coordinadora da Mostra de teatro de Vilalba (2011-2017), coordinadora do Festival de artes escénicas de Ferrol ‘Fóra do Mapa’ (2017).  Con experiencia en varios campos das artes plásticas. Tamén deseñou e realizou obradoiros de contacontos, creación de monicreques e escenografía.

Como actriz, procede da Escola de Teatro de Narón e foi fundadora do grupo ‘O Aturuxo de Melpómene’ e da compañía ‘3DTrans’. Traballa en compañías de teatro como ‘Teatro do Morcego’ ou ‘Femme Fatale’, así como en producións audiovisuais para a TVG. Cantou en distintos coros e grupos musicais.

 


Laura Fernández García

Laura Fernández García

Colaboración

Educadora social, especializada en terapia de xogo, educación emocional e musicoterapia.

Ampla experiencia en habilidades comunicativas, métodos e apoio emocional na infancia e asesoramento ás familias.

Traballa desde 2004 co colectivo infantil e apoiando ás familias en situación de dificultade.

Realiza formación e asesoramento sobre cuestións educativas na infancia desde a perspectiva da educación emocional en escolas de nais e pais, familias, institucións e centros educativos. Intervención individual centrada na nena/o a través da terapia do xogo e a músicoterapia.

Membro  de  Play Therapy Spain e  de Play Therapy International, e do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).  Nº de colexiada: 3212

Acreditación

 


berna_pumba

Berna Rozas Villamayor

Colaboración

Técnico superior en educación infantil, con ampla experiencia de coordinación coas familias e formación especializada en terapia de xogo.

Traballou en atención ao público, no ámbito comercial, en Galicia e Cataluña.

Desde 2013 centra o seu desenvolvemento profesional no estudo do xogo terapéutico e na súa práctica clínica con crianzas.

Membro de  Play Therapy Spain e  de Play Therapy International.

Acreditación


 Gaspar Domínguez

Gaspar Domínguez

Documentación
Formado en edición (USC), documentación (UGR) biblioteconomía (UM) e xornalismo electrónico. Desenvolveu a súa actividade profesional como documentalista de proxectos na Oficina técnica do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información / Axenda Dixital de Galicia, na USC e mais no Centro de Innovación e Servizos de Galicia. Foi bibliotecario da Escola Galega de Administración Pública e na B. P. de Ourense. Escritor e impulsor de proxectos colaborativos como andar21, Ren de Ren, scqLab, Activadora…

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save