Centradas na infancia: un grupo de encontro

Un obradoiro de acción e reflexión sobre o noso papel en relación coas crianzas. Unha proposta vivencial, lúdica e activa dirixida a nais, pais, educadores e persoas implicadas dun xeito ou doutro coa infancia.

Exploramos as posibilidades da relación creativa entre adultos e crianzas, descubrimos o valor da comunicación na relación filial e a importancia do xogo no desenvolvemento socioemocional; compartimos xeitos de alimentarmos o amor propio, de recoñecermos os marcos personais, familiares e sociais, ou de afrontarmos distintas situacións vitais (os cambios, a perda na familia, a violencia familiar, escolar ou social…)

O obxetivo primordial destes encontros é fortalecermos a noso vínculo afectivo coas crianzas, tratando de establecer unha maior consciencia sobre as nosas relacións, para favorecermos un camiño común de aceptación e crecemento.

Nos grupos consolidados de nais, pais e/ou persoas interesadas, os contidos poderán orientarse en función das inquedanzas propias das participantes, dando continuidade a estes encontros.

Centradas na infancia

Foto: Adri para equipa Pumba! (CC BY 2.0)