Compostela, xoves 20 de nadal, ás 16:30 horas. O Xogo Filial: fortalecendo o vínculo afectivo coas nosas crianzas. Ofreceremos unha reflexión activa sobre a comunicación afectiva entre adultos e crianzas e sobre o significativo papel do xogo para a creación de vínculos.
Categoría: Faladoiros

Faladoiro sobre os celos infantís
Aloumiños de Leite, Lalín, 26 de novembro de 17 a 19 h. A chegada dun novo irmán O obxectivo deste faladoiro é ofrecer orientación e pautas ás familias para poder xestionar os celos infantís ante a chegada dun novo irmán ou irmá. Que son os celos infantís? Rivalidade entre irmáns. Como afrontar esta situación. Pautas […]
Faladoiro sobre narración oral
Escola Infantil de San Roque, Compostela, 11 de xuño ás 17:00 h. A comunicación creativa entre adultos e crianzas: os contos contados. A equipa da Escola Infantil de San Roque, ao abeiro do seu programa de colaboración coas familias, convídanos a falarmos da narración oral. Conversaremos sobre o significado do acto de narrar, explorando os […]
Faladoiro na Casa do Patrón
Doade-Lalín, sábado 18 de abril, ás 19:00 horas Terapia do xogo e xestión emocional Con Laura Fernández García, educadora social, falaremos sobre a terapia do xogo e a xestión emocional a través da creatividade, na Casa do Patrón en Doade-Lalín. Centradas nas crianzas.
Faladoiro en Gaia dos Nenos
Compostela, xoves 16 de abril, ás 18 horas O Xogo Filial: fortalecendo o vínculo afectivo coas nosas crianzas Unha ocasión para valorarmos a auténtica significación do xogo no desenvolvemento integral das crianzas. Un achegamento ao xogo coma xeito de coñecemento profundo das nosas fillas e fillos. Unha oportunidade para reflexionarmos sobre o noso papel no […]
Faladoiro en Aloumiños de Leite
Lalín, sábado 11 de abril, das 17:30 ás 19:30 horas Educación emocional Con Laura Fernández García, educadora social, falaremos sobre a educación emocional no local da Asociación de Aloumiños de Leite (Centro Comercial Deza). Centradas nas crianzas.