Un tempo e un espazo para nós mesmas. Un lugar onde expresarnos e sentirnos medrar xunto a outras mulleres, percibindo o poder que xorde da confianza.
Categoría: Acción

Centradas na infancia: un grupo de encontro
Un obradoiro de acción e reflexión sobre o noso papel en relación coas crianzas. Unha proposta vivencial, lúdica e activa dirixida a nais, pais, educadores e persoas implicadas dun xeito ou doutro coa infancia.

Sobre o primeiro grupo de encontro
“Son suficientemente bo, con tal que me manteña aberto” Carl Rogers Pumba! vén de celebrar o seu primeiro encontro de nais e terapeutas, un espazo de reflexión e creación onde tratamos de establecer unha maior consciencia sobre as nosas relacións, para favorecer un camiño común de aceptación e crecemento.
Grupo de encontro en Compostela
Compostela, sábado 28 de maio, de 10 a 13:30 h. Obradoiro vivencial de acción e reflexión dirixido a nais, pais, educadores e persoas implicadas coa infancia. O obxectivo destes encontros é fortalecer o noso vínculo afectivo coas crianzas, tratando de establecer unha maior consciencia sobre as nosas relacións, para favorecer un camiño común de aceptación […]

Faladoiro sobre os celos infantís
Aloumiños de Leite, Lalín, 26 de novembro de 17 a 19 h. A chegada dun novo irmán O obxectivo deste faladoiro é ofrecer orientación e pautas ás familias para poder xestionar os celos infantís ante a chegada dun novo irmán ou irmá. Que son os celos infantís? Rivalidade entre irmáns. Como afrontar esta situación. Pautas […]
Obradoiro de xogo filial en Compostela
Compostela, sábado 13 de xuño, de 9 a 14 horas. Introdución ao xogo filial. Esta experiencia convídanos ás nais e pais a practicar un xeito diferente de relacionarnos coas nosas fillas e fillos, onde eles actúen como centro e guía. Unha ocasión para coñecer os principios básicos do xogo terapéutico e poder aplicalos na comunicación […]